Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2015-2016. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Curso 2015-2016. Amosar todas as publicacións

Xornada informativa sobre a aplicación da LOMCE




Data: Luns, 2 de maio
Hora: 19:00

Lugar: Salón de plenos do Concello de Cangas
Organiza: Federación de Anpas "A Gameliña"

Vas faltar?

A falta de información non permite a decisión

A entrada da Lomce é algo hoxe en día certo, está xa instaurada en toda primaria, en 1º e 3º de secundaria e en 1º de Bacharelato, pero aínda non está de todo desenvolvida a nivel lexislativo.
Este ano os mozos/as que rematen Bacharelato terán que presentarse á Selectividade (PAAU), á súa fase xeral e á específica, se queren acadar máis nota para entrar na carreira elixida. Eles/as son os últimos que puideron tomar decisións baseándose nunha información.

Os mozos/as que este ano cursan 1º de Bacharelato están matriculados sen saber como se vai valorar o seu acceso a Universidade. A  reválida a que terán que presentarse cando rematen o próximo curso non terá efectos académicos para acadar o seu título de Bacharelato, será "de proba", pero a día de hoxe descoñecen que terán en conta as Universidades para escoller ao seu alumnado. Teñen que facer a preinscripción nuns días e elixir as súas materias sen saber se ponderarán máis unhas ou outras e, de ser así, cales serán as que lles fagan acadar unha maior nota para entrar. Non se sabe nada.

Os alumnos/as que están agora en 4º da ESO tamén teñen que decidir sen ter información, non se sabe e se supón que a súa reválida si será vinculante, así o di a lei, se non pasan a reválida, non terán título de Bacharelato.

O certo é que non sabemos se seguirá a LOMCE, se será derogada e volverá a LOE...


No caso de non ser derogada solo se sabe que a nota final de Bacharelato será o resultado de aplicar unha fórmula:

(0.6 x Nota media de Bacharelato) + (0.4 x Nota na reválida)




Pero, será esta a nota de corte? Pois non ten por que ser así, cada universidade decide se solo ten en conta esta nota, se fai un exame específico para entrar, se suma a esa nota as calificacións das materias que máis se vinculan a eses estudos, cada unha coa súa ponderación, se teñen en conta a modalidade de bacharelato escollida... isto cada Universidade. Deste xeito podemos vernos no caso (pouco probable pero posible) de que cada universidade de enfermería poña diferentes criterios... para prexuízo dos alumnos/as.

Esto xa o sabiamos dende o documento preliminar da LOMCE, pero a día de hoxe, que os estudantes xa están neses cursos que son a vía de acceso á universidade, aínda non se desenvolveron eses criterios, polo cal as decisións que tomen non poden ser informadas. 

Estamos xogando a un xogo sen coñecer as regras, o que fai que sexa inmensamente inxusto. Nas universidades agardan para establecer os seus criterios á Consellería, a Consellería agarda a que o Ministerio de Educación lexisle o desenvolvemento desa parte da LOMCE e o Goberno está paralizado. Mentres, os alumnos/as teñen que decidir, cunha venda nos ollos e agardando a que a cousa non cambie moito, que as regras por lóxica, se manteñan, que o novo sistema busque a forma de semellarse ao antigo... entonces, pregúntome, para que cambiou?


Charla no IES sobre o TDAH

Ola de novo!
Aquí vos deixamos información da charla sobre o TDAH deste ano. 
Será este xoves, 25 de febreiro ás 19:00 h na sala de usos múltiples do IES de Rodeira.
Agardámosvos!

TokApp: Unha nova canle de comunicación



Ola a tod@s!

Esta semana comezamos a pór en marcha unha nova canle de comunicación coas familias: O TokApp School.

Moitos de vós xa a coñecedes porque está en marcha noutros colexios e institutos. A partires desta última notificación, que podedes descargar aquí, xa non haberá máis notificacións en papel, deste modo as comunicación serán máis operativas, aforraremos e colaboramos todos a sostenibilidade.

Pedímosvos que entreguedes este impreso cuberto, tanto se queredes como se non ser informados das actividades da Anpa. Podedes deixalo cuberto no buzón da Anpa, que está na entrada do Centro.

Durante esta semana os mozos/as levarán este impreso  para as casas.




















Impreso para a alta en TokApp School

Moitas grazas pola atención e saúdos!!

Charla-Coloquio sobre a libre elección de Hospital

"Nos falarán da grave situación na que se atopa a sanidade en Galicia, da situación local en materia sanitaria e nos achegarán as últimas novas so Hospital Álvaro Cunqueiro tra-la súa caótica posta en marcha".

Poñentes:

  • Carmen Nores (Portavoz da Plataforma Defensa Sanidade Pública Cangas)
  • José Penelas (Membro da Plataforma Defensa Sanidade Pública Cangas)


24 de Novembro
19.00 h
IES Rodeira

2ª Sesión Escola de Familias


Nesta sesión Alberto regalounos a asistencia dun compañeiro de traballo, psicólogo tamén do concello da área de drogodependencias, pero a súa ocupación pouco ou todo tivo que ver co que fixemos nesta segunda sesión.

Aínda que tampouco e todo ten que ver coa foto de portada desta entrada. Esta é solo unha sensación do que vivín nesta sesión. Moitos/as de nós buscamos nas escolas de familias unha solución, unha receita máxica, pero o certo é que esa solución, esa receita, solo a temos nós. Cada familia ten o seu propio recetario de cociña, que vai evolucionando e cambiando de xeración en xeración, e dentro de cada casa o sabor de cada prato depende da persoa que o cociña. Hai pratos que lle saen mellor a mamá, outros a papá... e a avoa! que ben lle saen a avoa! Os rapaces ven, observan e o único que importa é que cada un poña na mesa a súa mellor versión do prato, ainda que as veces non saia ben. Para iso, moitas veces, temos que sair da nosa propia rutina, cambiar, quitar, engadir un ingrediente, darnos a oportunidade de fallar, porque solo así poderemos aprender... E logo, para que son as escolas de familias? Pois, como eu o entendo, para ensinarnos que a única solución é buscar o noso mellor prato para poñer na mesa. Cada día, cada momento, dándonos a oportunidade de acertar.

A próxima sesión será o vindeiro 1 de decembro, coma sempre, na Sala de usos múltiples do IES de Rodeira, ás 19:00 h.

Estades a tempo de unirvos!

Saúdos!!

Abreu un novo prazo para solicitar axuda para material escolar

Novo prazo de presentación: 11/11/2015-21/11/2015
Quen pode solicitala: Os que non recibiron antes a axuda, ben por non solicitala ou ben porque a súa solicitude foi denegada por algún defecto de forma.
Onde hai que presentar a solicitude: Pódese presentar no Centro

Para máis información e a descarga da solicitude, premede aquí

Saúdos!!

Recordatorio Escola de Familias

Hoxe, ás 19:00 da tarde, na sala de usos múltiples do IES de Rodeira terá lugar a segunda sesión da Escola para pais e nais.

Animadevos!

Charla coloquio sobre a libre elección de hospital


Xa tivemos a primeira sesión da Escola de Pais e Nais



Onte tivemos a primeira reunión con Alberto.

O enfoque desta escola é de base participativa, construtiva e positiva, para nada directiva. Non nos van dicir o que debemos facer como pais ou como nais, é un espazo para levarnos ás nosas propias reflexións, nun clima de respecto e de escoita.

Un exemplo: Onte Alberto presentounos unha Constitución, a Constitución de Uzûpis, un barrio que se autodeclarou república independente en Lituania. Así foi como reflexionamos acerca da "Constitución" que temos nas nosas "repúblicas independentes" (nas nosas casas) e no xeito en que elaboramos e poñemos en coñecemento esa Constitución, esas normas. E da importancia de comezar a construir unha nova constitución coa entrada dos nosos fillos/as na adolescencia. Esta é a nosa tarefa da semana, elaborar a lexislación das nosas repúblicas independentes! (nada máis... e nada menos).

O que se intenta lograr con esta escola é crear debates que nos fagan a todos e todas medrar como pais e como nais, entendendo este proceso como algo dinámico, en constante cambio, sen receitas miragreiras.

Foron máis as cousas que tratamos e falamos, animámosvos a participar. Onte foi o meu primeiro día e voltarei sen dúbida algunha. É un pracer e un luxo poder contar con alguen que, ademáis de traballar con nós (os pais e nais) traballa tamén cos nosos fillos/as. Sen dúbida dispor destas dúas visións fai a sesión moito máis enriquecedora.

Datos da vindeira sesión:

Data: Martes, 17 de novembro.
Hora: 19:00h.
Lugar: Sala de usos múltiples do IES de Rodeira

Anímaste?

Saúdos!

Xornada informativa sobre a LOMCE



A Federación de Anpas "A Gameliña" (da que formamos parte de novo), organiza para este venres, 6 de novembro, ás 18:30h., no Salón de Plenos do Concello de Cangas, unha xornada informativa sobre a LOMCE e a súa aplicación.

Agardámosvos!

Saúdos!

1º Encontro do Club de Lectura Vaidelibros

Tierras de cristal

Quinnipak. Una imaginaria ciudad vagamente situada en la Europa decimonónica, que pudiera ser símbolo de los ideales y los límites de la burguesía, entre el progreso colectivo y las pasiones personales. En ella convive una galería de extraordinarios personajes con el infinito como único horizonte, empeñados en construir castillos en el aire que irán desmoronándose hasta dejar un poso de tristeza o de rabia....





Información sobre o 1º encontro:

Data: 02 de Novembro de 2015
Lugar: Biblioteca do IES Rodeira
Horario: 15:00 h.

Onte votou andar a Escola de Pais e Nais


Onte, como xa vos informaramos, votou andar a Escola de familias para este curso escolar.

Informacion da actividade:

Data de comezo: Martes, 3 de novembro de 2015
Horario: De 19:00 a 21:00 h.
Temporalidade: Actividade quincenal (martes alternos co mesmo horario)
Lugar: IES Rodeira

Dicir que non é necesario acudir sempre, cando poidades.

Non quería despedirme sen agradecervos a asistencia de onte, 40 pais e nais acudiron a esta sesión na que Alberto, o Técnico de Prevención do Concello de Cangas, fixo a presentación da escola e decideuse o día e o horarios para continuar co Obradoiro.

Dende a Anpa animávosvos a participar.

Saúdos!

"Hay vida en martes. La nueva educación"


Onte tiven o pracer de ver en directo vía online unha charla protagonizada por César Bona (profesor español seleccionado para o Nóbel en ensinanza) e Francesco Tonuci (mestre, pedagogo e, coma el mesmo se define "niñólogo").

Foi interesantísimo e pensei que estaría ben compartila convosco. Deixo o link para que poidades acceder ao video. Non sei durante canto tempo estará activo, anímovos a que aforrredes un pouquiño de tempo.


Bo día e saúdos!

Club de Lectura "Vaidelibros"


Este club do IES Rodeira está aberto a alumnos, alumnas, profesorado e familias que teñan interese por participar.

Son dúas as reunións do Club "Vaidelibros" que se organizan para cada trimestre e en cada unha delas recóllense as impresións dos participantes despois da lectura individualizada dun libro suxerido polos coordinadores/as do Club. Pódese participar nunha das sesións ou en todas, non existe compromiso ningún, como citan na folla que dende o IES enviaron polos nosos fillos/as:

"O verbo ler non soporta o imperativo, igual ca amar ou soñar."

(Daniel Pennac)

Se estades interesados, podedes consultar máis información no seguinte link:


Grazas polo seguemento e saúdos!!

Da comezo a escola de pais e nais



Mañán, martes 20 de outubro de 2015 comeza a escola de familias, espazo aberto a toda persoa interesada en falar, escoitar e/ou aportar novos enfoques para a educación dos nosos fillos e fillas.
A actividade desenvolverase durante todo o curso escolar e será coordinada polo Técnico de Prevención do concello de Cangas, Alberto Casqueiro.
Neste primeiro día de encontro das familias levarase a cabo a presentación da escola e decidirase día e hora das vindeiras sesións.
Agardámosvos!!

Data: Martes, 20 de outubro do 2015
Hora: 18.30
Lugar: IES Rodeira.

Saúdos!

Asemblea Xeral Ordinaria

Hoxe, xoves 1 de Outubro de 2015, ás 19:30 h. en primeira convocatoria e ás 20:00 h. en segunda convocatoria terá lugar a primeira Asemblea para socios/as da ANPA do curso 2015/2016.
A orde do día é a seguinte:

  1. Presentación.
  2. Información referente a escola de pais e nais (Alberto Casqueiro).
  3. Información por parte do Director do Centro.
  4. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  5. Información económica.
  6. Aprobación para o ingreso na federación de Anpas.
  7. Plan de actividades da Anpa para o curso 2015/2016 (inclúese extraescolares).
  8. Posta en marcha do novo fondo solidario de libros en 2º e 4º da ESO.
  9. Rogos e preguntas.
Dende a Anpa queremos animar a todos os socios e socias a acudir.

DATA: Xoves 1 de Outubro de 2015
HORA: 19:30 h. en primeira convocatoria e 20:00 h. en segunda.
LUGAR: Aula de usos múltiples do instituto.

Saúdos!!

Axudas para a compra de material escolar

Hoxe no DOGA fïxose pública unha nova liña de axudas para mercar material escolar.

Para ter esta subvención de 50 €, hai que cumprir uns requisitos económicos (computa a declaración da renda do ano 2013).
Mañán, 02 de setembro de 2015, abre o prazo de solicitude que abrangue ata o 02 de outubro de 2015.
Como documentación, ademáis do impreso cuberto e asinado por todos os membros computables da unidade familiar, débese presentar fotocopia do libro de familia para os casos máis xenerales (para casos específicos de discapacidade e/ou situación de violencia de xénero consultade a Orde).

Saúdos!

Novidades en canto ás axudas para a compra de libros de texto. Curso 2015/2016

Este ano hai novidades. Dúas novas ordes regulan as axudas:



Novidades comúns para todo o alumnado da ESO:

  • As persoas que o ano pasado se beneficiaron do vale para mercar libros, teñen que devolver no centro os libros que mercaron con ese vale.
    • Se o teu fillo/a aproba todas en xuño: Devolvelos como moi tarde o 19 de xuño.
    • Se lle queda algunha para setembro: Devolvelos tamén como moi tarde o 19 de xuño e o 24 de xuño, coas notas, volver coller os libros das pendentes, que teredes que devolver en setembro de novo.
    • Se non devolves os libros, non podes solicitar ningún tipo de axuda para o curso que vén.
  • Pedir calquera axuda para a compra de libros supón adquirir dous compromisos: manter os libros en perfecto estado e devolvelos ao centro unha vez rematado o curso.

Novidades para o alumnado de 2º e 4º da ESO:

  • Os IES non poden cambiar os libros de texto nestes cursos.
  • Non haberá vales como en anos anteriores. Crearase no centro un Fondo Solidario de libros.
  • Os libros que os alumnos/as devolvan destes cursos en xuño e setembro serán os que se empresten aos alumnos e alumnas que teñan dereito á axuda.
  • Todo o alumnado con posibilidade de matrícula en 2º ou en 4º da ESO terá que presentar a solicitude para a axuda antes do 30 de xuño.
    • Se lles quedan asignaturas para setembro, tamén teñen que presentar a solicitude en xuño. Se ao final non se matricula en 2º ou en 4º da ESO para o curso que vén, poderá solicitar outras axudas se lle corresponden.
  • Os libros recibidos dependerán da renda per cápita familiar.
  • O 7 de xullo publicarase no taboeiro a listaxe provisional de admitidos e excluidos.
  • Entre o 8 e o 9 de xullo poderase reclamar.
  • A listaxe definitiva será publicada o 15 de setembro.
  • Os libros entregaranse a partires do 15 de setembro no centro.

Novidades para o alumnado de 1º e 3º da ESO:

  • A orde que regula as axudas para este ano vén sendo unha copia da do ano pasado para estes cursos, nos que entra a LOMCE.

Recollida de firmas:

  • Anpas Galegas creou unha petición en change.org para voltar ao Sistema de Préstamo Universal. Fai click aquí se queres acceder e deixar a tua firma.
Saúdos!!