Amosando publicacións coa etiqueta .Actividades. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta .Actividades. Amosar todas as publicacións

Charla no IES sobre o TDAH

Ola de novo!
Aquí vos deixamos información da charla sobre o TDAH deste ano. 
Será este xoves, 25 de febreiro ás 19:00 h na sala de usos múltiples do IES de Rodeira.
Agardámosvos!

2ª Sesión Escola de Familias


Nesta sesión Alberto regalounos a asistencia dun compañeiro de traballo, psicólogo tamén do concello da área de drogodependencias, pero a súa ocupación pouco ou todo tivo que ver co que fixemos nesta segunda sesión.

Aínda que tampouco e todo ten que ver coa foto de portada desta entrada. Esta é solo unha sensación do que vivín nesta sesión. Moitos/as de nós buscamos nas escolas de familias unha solución, unha receita máxica, pero o certo é que esa solución, esa receita, solo a temos nós. Cada familia ten o seu propio recetario de cociña, que vai evolucionando e cambiando de xeración en xeración, e dentro de cada casa o sabor de cada prato depende da persoa que o cociña. Hai pratos que lle saen mellor a mamá, outros a papá... e a avoa! que ben lle saen a avoa! Os rapaces ven, observan e o único que importa é que cada un poña na mesa a súa mellor versión do prato, ainda que as veces non saia ben. Para iso, moitas veces, temos que sair da nosa propia rutina, cambiar, quitar, engadir un ingrediente, darnos a oportunidade de fallar, porque solo así poderemos aprender... E logo, para que son as escolas de familias? Pois, como eu o entendo, para ensinarnos que a única solución é buscar o noso mellor prato para poñer na mesa. Cada día, cada momento, dándonos a oportunidade de acertar.

A próxima sesión será o vindeiro 1 de decembro, coma sempre, na Sala de usos múltiples do IES de Rodeira, ás 19:00 h.

Estades a tempo de unirvos!

Saúdos!!

Recordatorio Escola de Familias

Hoxe, ás 19:00 da tarde, na sala de usos múltiples do IES de Rodeira terá lugar a segunda sesión da Escola para pais e nais.

Animadevos!

Onte votou andar a Escola de Pais e Nais


Onte, como xa vos informaramos, votou andar a Escola de familias para este curso escolar.

Informacion da actividade:

Data de comezo: Martes, 3 de novembro de 2015
Horario: De 19:00 a 21:00 h.
Temporalidade: Actividade quincenal (martes alternos co mesmo horario)
Lugar: IES Rodeira

Dicir que non é necesario acudir sempre, cando poidades.

Non quería despedirme sen agradecervos a asistencia de onte, 40 pais e nais acudiron a esta sesión na que Alberto, o Técnico de Prevención do Concello de Cangas, fixo a presentación da escola e decideuse o día e o horarios para continuar co Obradoiro.

Dende a Anpa animávosvos a participar.

Saúdos!

Club de Lectura "Vaidelibros"


Este club do IES Rodeira está aberto a alumnos, alumnas, profesorado e familias que teñan interese por participar.

Son dúas as reunións do Club "Vaidelibros" que se organizan para cada trimestre e en cada unha delas recóllense as impresións dos participantes despois da lectura individualizada dun libro suxerido polos coordinadores/as do Club. Pódese participar nunha das sesións ou en todas, non existe compromiso ningún, como citan na folla que dende o IES enviaron polos nosos fillos/as:

"O verbo ler non soporta o imperativo, igual ca amar ou soñar."

(Daniel Pennac)

Se estades interesados, podedes consultar máis información no seguinte link:


Grazas polo seguemento e saúdos!!

Da comezo a escola de pais e nais



Mañán, martes 20 de outubro de 2015 comeza a escola de familias, espazo aberto a toda persoa interesada en falar, escoitar e/ou aportar novos enfoques para a educación dos nosos fillos e fillas.
A actividade desenvolverase durante todo o curso escolar e será coordinada polo Técnico de Prevención do concello de Cangas, Alberto Casqueiro.
Neste primeiro día de encontro das familias levarase a cabo a presentación da escola e decidirase día e hora das vindeiras sesións.
Agardámosvos!!

Data: Martes, 20 de outubro do 2015
Hora: 18.30
Lugar: IES Rodeira.

Saúdos!

Charla-Debate sobre: Medicación e TDAH



O luns, 11 de Maio ás 19:00 h. do serán, terá lugar no IES Rodeira unha charla-debate: "Abuso de estimulantes no tratamento do TDAH. A ritalinización da infancia", a cargo de Álvaro Lois Delgado (farmacéutico) e Javi de Pontevedra (diagnosticado e tratado).

Animádevos a participar!

Saúdos!


Actividades 2013 - 2014


Propuesta de actividades
Curso 2013 - 2014

Xadrez
Monitor:
Tomás
Impártese no I.E.S. de Rodeira, os mércores de 5 a 6.30 h na aula de agrupamentos.


Teatro
Monitor:
Juan
Impártese no I.E.S. de Rodeira, para máis información pasarse os martes de 4:30 a 5:30 h pola aula de usos múltiples.


Bádminton
Contacto:
Mercedes
Impártese no I.E.S. de Rodeira, os martes de 16.00 a 18.00 h
Telf. 659104917


Teatro para pais e nais
Impártese en I.E.S. de Rodeira, os venres de 18.30 a 20.00h na aula de usos múltiples. (gratuíta)


Escola para pais e nais
Monitor:
Alberto
Impartirase no I.E.S. de Rodeira, cada 15 días empezando o día xoves 17/10/2013 ás 19.00 h, na aula de usos múltiples. (gratuita)


Baile adultos
Monitora: Cristina
 Impartirase no I.E.S. de Rodeira, os venres de 20.00 a 21.00h na aula de usos múltiples.

III Cross escolar A Rúa




III CROSS ESCOLAR DO CEIP A RÚA
INVITACIÓN EX-ALUMNOS/AS

O vindeiro día 18 de marzo, a partir das 10:30 horas da mañá, celebrarase o 3º Cross Escolar, que este ano como novidade añade a categoría de ex-alumnos i ex-alumnas cursando a ESO. Para máis información: anpa.arua@gmail.com ou no noso teléfono ou email, que figuran na cabeceira desta nota.

INSCRIPCIÓNS. A inscripción poderase facer vía fax no 986303918 ou vía e-mail na seguinte dirección: anpa.arua@gmail.com ata o día 13 de marzo ás 12:00h. NON SE ADMITIRÁN INSCRIPCIÓNS O MESMO DÍA DE CELEBRACIÓN DO CROSS.

Ampliación oferta actividades extraescolares




Actividades Extraescolares
Curso 2011 – 2012

Ampliamos a oferta de actividades coas seguintes:

13. Bailes de salón
14. Tai Chi
15. Baloncesto


Recordámosvos que tamén podeis apuntarvos utilizando o formulario do blog da ANPA, que xa foi actualizado coa nova oferta.


Se necesitas máis información sobre algunha das actividades, non dubides en solicitárnola. Ademais, no momento de iniciarse, cada monitor informará detalladamente sobre as condicións da súa actividade.

ANPA IES Rodeira