Xa tivemos a primeira sesión da Escola de Pais e Nais



Onte tivemos a primeira reunión con Alberto.

O enfoque desta escola é de base participativa, construtiva e positiva, para nada directiva. Non nos van dicir o que debemos facer como pais ou como nais, é un espazo para levarnos ás nosas propias reflexións, nun clima de respecto e de escoita.

Un exemplo: Onte Alberto presentounos unha Constitución, a Constitución de Uzûpis, un barrio que se autodeclarou república independente en Lituania. Así foi como reflexionamos acerca da "Constitución" que temos nas nosas "repúblicas independentes" (nas nosas casas) e no xeito en que elaboramos e poñemos en coñecemento esa Constitución, esas normas. E da importancia de comezar a construir unha nova constitución coa entrada dos nosos fillos/as na adolescencia. Esta é a nosa tarefa da semana, elaborar a lexislación das nosas repúblicas independentes! (nada máis... e nada menos).

O que se intenta lograr con esta escola é crear debates que nos fagan a todos e todas medrar como pais e como nais, entendendo este proceso como algo dinámico, en constante cambio, sen receitas miragreiras.

Foron máis as cousas que tratamos e falamos, animámosvos a participar. Onte foi o meu primeiro día e voltarei sen dúbida algunha. É un pracer e un luxo poder contar con alguen que, ademáis de traballar con nós (os pais e nais) traballa tamén cos nosos fillos/as. Sen dúbida dispor destas dúas visións fai a sesión moito máis enriquecedora.

Datos da vindeira sesión:

Data: Martes, 17 de novembro.
Hora: 19:00h.
Lugar: Sala de usos múltiples do IES de Rodeira

Anímaste?

Saúdos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Déixanos aquí o teu comentario ou dúbida. Grazas!