Novo prazo de presentación: 11/11/2015-21/11/2015
Quen pode solicitala: Os que non recibiron antes a axuda, ben por non solicitala ou ben porque a súa solicitude foi denegada por algún defecto de forma.
Onde hai que presentar a solicitude: Pódese presentar no Centro
Para máis información e a descarga da solicitude, premede aquí
Saúdos!!
Amosando publicacións coa etiqueta Libros de texto b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libros de texto b>. Amosar todas as publicacións
Novidades en canto ás axudas para a compra de libros de texto. Curso 2015/2016
Este ano hai novidades. Dúas novas ordes regulan as axudas:
Novidades comúns para todo o alumnado da ESO:
- As persoas que o ano pasado se beneficiaron do vale para mercar libros, teñen que devolver no centro os libros que mercaron con ese vale.
- Se o teu fillo/a aproba todas en xuño: Devolvelos como moi tarde o 19 de xuño.
- Se lle queda algunha para setembro: Devolvelos tamén como moi tarde o 19 de xuño e o 24 de xuño, coas notas, volver coller os libros das pendentes, que teredes que devolver en setembro de novo.
- Se non devolves os libros, non podes solicitar ningún tipo de axuda para o curso que vén.
- Pedir calquera axuda para a compra de libros supón adquirir dous compromisos: manter os libros en perfecto estado e devolvelos ao centro unha vez rematado o curso.
Novidades para o alumnado de 2º e 4º da ESO:
- Os IES non poden cambiar os libros de texto nestes cursos.
- Non haberá vales como en anos anteriores. Crearase no centro un Fondo Solidario de libros.
- Os libros que os alumnos/as devolvan destes cursos en xuño e setembro serán os que se empresten aos alumnos e alumnas que teñan dereito á axuda.
- Todo o alumnado con posibilidade de matrícula en 2º ou en 4º da ESO terá que presentar a solicitude para a axuda antes do 30 de xuño.
- Se lles quedan asignaturas para setembro, tamén teñen que presentar a solicitude en xuño. Se ao final non se matricula en 2º ou en 4º da ESO para o curso que vén, poderá solicitar outras axudas se lle corresponden.
- Os libros recibidos dependerán da renda per cápita familiar.
- O 7 de xullo publicarase no taboeiro a listaxe provisional de admitidos e excluidos.
- Entre o 8 e o 9 de xullo poderase reclamar.
- A listaxe definitiva será publicada o 15 de setembro.
- Os libros entregaranse a partires do 15 de setembro no centro.
Novidades para o alumnado de 1º e 3º da ESO:
- A orde que regula as axudas para este ano vén sendo unha copia da do ano pasado para estes cursos, nos que entra a LOMCE.
Recollida de firmas:
- Anpas Galegas creou unha petición en change.org para voltar ao Sistema de Préstamo Universal. Fai click aquí se queres acceder e deixar a tua firma.
Saúdos!!
La Xunta apela a la “solidaridad” de las familias para paliar su recorte en los libros de texto
El Gobierno gallego insiste en el modelo de ayudas parciales pese a que le sale más caro que el préstamo universal y anima a extender los bancos de libros de las AMPAS para contrarrestar el efecto de sus propias restricciones.
Ir á noticia
Educación usará los portátiles de Abalar para que en 3 años 22.500 niños estudien sin libros
Los alumnos podrán descargar gratis los contenidos que ofrecerá la Xunta EEl ahorro para los padres será de 2,6 millones de euros ESe empezará el próximo curso con 2.500 estudiantes
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
