Revista Comunidade

"A revista ComunidadE é unha revista para toda a comunidade educativa pero tamén, de toda a comunidade educativa.
Isto quere dicir que calquera integrante desta comunidade, xa sexa profesionai, alumnado, familia ou administración educativa, pode sentir a revista como súa e utilizala como tal.
De que formas podes participar?
A primeira é coa súa lectura, mediante a subscrición, que é totalmente gratuíta.
A segunda, recomendándoa a todas as persoas coñecidas, animándoas a lela e a subscribirse.
A terceira, dando a túa opinión, achegando as túas ideas e suxestións.
A cuarta, achegando información que consideres de interese para o resto da comunidade.
A quinta, sendo colaborador activo, xa sexa a título persoal ou como colectivo, escribindo de forma periódica artigos de interese.
Tamén podes propoñernos outras formas de participar.
Cantos máis participemos, construiremos máis comunidade."



Nº 42- Outubro 2015


Nº 43-Novembro 2015

Neste número Alberto, a persoa encargada das Escolas de Familias publica un artigo no que explica o funcionamento destas escolas, así como os horarios en cada un dos centros nos que as imparte.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Déixanos aquí o teu comentario ou dúbida. Grazas!