Asemblea xeral Ordinaria curso 26/27

A Xunta Directiva da ANPA do IES de Rodeira convoca a todas as familias asociadas a unha Asemblea Xeral Ordinaria o vindeiro mércores 21 de outubro ás 19:40h en 1ª convocatoria (só dará comezo a esta hora se veñen o 100% das asociadas) e ás 20:10h en 2ª convocatoria (comezará coas asociadas que estén presentes).





Orde do día:

Lectura acta anterior 
Estado de contas
Actividad para o curso 26/27
Cambio de conta bancaria
Medios de comunicación y difusión ANPA
Axudas e subvencions
Representante Consello Escolar
Cambio de banco
Inicio de curso
Rogos e preguntas


Lugar de celebración: IES Rodeira


Esperamos contar coa vosa asistencia e participación.
 




A Xunta Directiva 

Asemblea xeral extraordinaria

A Xunta Directiva da ANPA do IES de Rodeira convoca a todas as familias asociadas a unha Asemblea Xeral Extralrdinaria o vindeiro mércores 21 de outubro ás 19:30h en 1ª convocatoria (só dará comezo a esta hora se veñen o 100% das asociadas) e ás 20:00h en 2ª convocatoria (comezará coas asociadas que estén presentes).

Orde do dia:

Xunta directiva, cambios e renovacións 



Lugar de celebración: IES Rodeira


Esperamos contar coa vosa asistencia e participación.
 




A Xunta Directiva 

Mural igualdade no deporte

 Ola familias, como sabedes á ANPA concedéronnos unha axuda para poder realizar actividades en materia de igualdade e unha das que decidimos facer foi un mural no pavillón do instituto que reflexara a pluralidade de deportes que se poden practicar sen facer diferenciacións entre mulleres e homes.

Para a realización deste mural contamos con Marc Taeger e a colaboración de todo o alumnado da ESO e Bacharelato, as e os docentes do centro e as familias que se quixeron achegar a botar unha man e colaborar neste proxecto.

Todo o alumnado participou dun xeito moi activo tanto realizando os primeiros bosquexos en aula en base o traballo que fixeron sobre diferentes mulleres referentes no mundo do deporte coma no elaboración do debuxo final na parede e no seu pintado.

Aquí vos deixamos algunhas das fotografías deste gran traballo que fixemos de xeito colaborativo.












Obradoiro redes sociais na adolescencia

Ola familias, o vindeiro 22 de novembro agardámosvos na Antiga Agraria para este obradoiro sobre redes socias.

OBRADOIRO SOBRE REDES SOCIAIS NA ADOLESCENCIA: coa chegada das novas tencnoxías chegaron tamén novas maneiras de comunicarse e de actuar por iso as familias precisamos formación sobre o uso axeitado e crítico das redes sociais, aplicación, internet e todas as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming, etc.), por iso, estas actividades tratarán á temática “redes sociais e xénero: realidades e actuacións”. Pretendemos que esta formación favoreza a sensibilización contra a cosificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas así como a identificar os ciberdelitos e saber como actuar contra eles.




Obradoiro sobre sexualidade na adolescencia

Ola familias, o día 10 Pepe Cabido impartirá un obradoiro onde abordaremos a novas maneiras de entender a sexualidade e así poder avanzar a unhas relacións sexo-afectivas máis igualitarias.

E o día 11 Pepe Cabido estará co alumnado de 3º da ESO tentando amosar un camiño cara unha sexualidade respetuosa e igualitaria xunto con Sonia Fernández.











Asamblea Extraordinaria novembro 2025

 A Xunta Directiva da ANPA do IES de Rodeira convoca a todas as familias asociadas a unha Asemblea Xeral Extraordinaria o vindeiro xoves 6 de novembro ás 20:00h (só dará comezo a esta hora se veñen o 100% das asociadas) en 1ª convocatoria e ás 20:30h en 2ª convocatoria(comezará coas asociadas que estén presentes). 



Orde do día:

  1. Xunta directiva. (Novos membros, renovación, representación)




Lugar de celebración: Sala de usos múltiples do IES Rodeira









Esperamos contar coa vosa asistencia e participación.
 





A Xunta Directiva 

Asemblea Xeral Ordinaria curso 25/26

 A Xunta Directiva da ANPA do IES de Rodeira convoca a todas as familias asociadas a unha Asemblea Xeral Ordinaria o vindeiro xoves 6 de novembro ás 19:00h en 1ª convocatoria (só dará comezo a esta hora se veñen o 100% das asociadas) e ás 19:30h en 2ª convocatoria (comezará coas asociadas que estén presentes).





Orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior
  2. Axuda igualdade ano 2025. Solicitudes vindeiras axudas.
  3. Actividades para o curso 25/26
  4. Plan uso do galego.
  5. Estado de contas e previsión de gastos curso 2025/2026
  6. Rogos e preguntas 




Lugar de celebración: Sala de usos múltiples do IES Rodeira









Esperamos contar coa vosa asistencia e participación.
 




A Xunta Directiva 

Axuda á ANPAS para potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

 Ola familias, este ano á ANPA IES Rodeira solicitou, tal e como acordamos en Asemblea, unha axuda para poder realizar diversas actividades en materia de Igualdade co alumnado do instituto e as súas familias.


As actividades para as que solicitamos a axuda son as que consensuamos en Asemblea e aquí vos deixamos unha breve descrición de cada unha delas. Estade atentas as nosas redes para ver máis detalles de como as levamos a cabo.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES EN MATERIA DE IGUALDADE DA ANPA IES RODEIRA

  • ACTIVIDADES PARA ALUMNADO, DOCENTES E FAMILIAS:

MURAL IGUALDADE NO DEPORTE:  Con este mural queremos deixar plasmado para toda a comunidade educativa e en extensión para os habitantes do noso concello que no deporte tamén debe primar a igualdade.

 

  • ACTIVIDADES PARA ALUMNADO:

ACTIVIDADE SOBRE IGUALDADE E MICROMACHISMOS:  onde falaremos sobre as novas masculinidades para romper cos micromachismos e os comportamentos machistas adquiridos polos estereotipos perpetuados pola nosa sociedade aprendendo a educar a mirada tendo en conta que cada un mira a realidade dende a súa perspectiva, cada ollada é valiosa e nos achega a algo novo.

 

  • ACTIVIDADES PARA NAIS, PAIS E DOCENTES:

OBRADOIRO SOBRE SEXUALIDADE NA ADOLESCENCIA: a maneira de concebir a sexualidade mudou moito nos últimos anos e as familias demandan información para poder afrontar a sexualidade acorde os tempos das súas crianzas para isto levarase a cabo esta actividade onde as familias poderán obter as ferramentas necesarias que lles axude a acompañar as crianzas neste tema e saiban como ofrecer apoio, pautas de como actuar, e favorecer o vínculo seguro para que exista unha comunicación en confianza e favorecer o mellor desnvolvemento das crianzas.

OBRADOIRO SOBRE REDES SOCIAIS NA ADOLESCENCIA: coa chegada das novas tencnoxías chegaron tamén novas maneiras de comunicarse e de actuar por iso as familias precisamos formación sobre o uso axeitado e crítico das redes sociais, aplicación, internet e todas as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming, etc.), por iso, estas actividades tratarán á temática “redes sociais e xénero: realidades e actuacións”. Pretendemos que esta formación favoreza a sensibilización contra a cosificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas así como a identificar os ciberdelitos e saber como actuar contra eles.









 

CONVOCATORIA ASAMBLEA EXTRAORDINARIA ANPA IES RODEIRA

A Xunta Directiva da ANPA do IES de Rodeira convoca a todas as familias asociadas a unha Asemblea Xeral Extraordinaria o vindeiro mércores 12 de marzo ás 19:45h en 1ª convocatoria e ás 20:15h en 2ª convocatoria .


Orde do día:

Acordar se procede a solicitude da subvención en materia de igualdade e outras que se poidan convocar.

Lugar de celebración: IES Rodeira









Esperamos contar coa vosa asistencia e participación.
 





A Xunta Directiva 




Bo nadal

Dende a ANPA IES Rodeira desexámosvos un bo nadal e un 2025 inmellorable para o Ensino Publico galego que traia un ensino laico, galego, integrador, igualitario, participativo e feminista.