Ola familias, este ano á ANPA IES Rodeira solicitou, tal e como acordamos en Asemblea, unha axuda para poder realizar diversas actividades en materia de Igualdade co alumnado do instituto e as súas familias.
As actividades para as que solicitamos a axuda son as que consensuamos en Asemblea e aquí vos deixamos unha breve descrición de cada unha delas. Estade atentas as nosas redes para ver máis detalles de como as levamos a cabo.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES EN MATERIA DE IGUALDADE DA ANPA IES RODEIRA
- ACTIVIDADES PARA ALUMNADO, DOCENTES E FAMILIAS:
MURAL IGUALDADE NO DEPORTE: Con este mural queremos deixar plasmado para toda a comunidade educativa e en extensión para os habitantes do noso concello que no deporte tamén debe primar a igualdade.
- ACTIVIDADES PARA ALUMNADO:
ACTIVIDADE SOBRE IGUALDADE E MICROMACHISMOS: onde falaremos sobre as novas masculinidades para romper cos micromachismos e os comportamentos machistas adquiridos polos estereotipos perpetuados pola nosa sociedade aprendendo a educar a mirada tendo en conta que cada un mira a realidade dende a súa perspectiva, cada ollada é valiosa e nos achega a algo novo.
- ACTIVIDADES PARA NAIS, PAIS E DOCENTES:
OBRADOIRO SOBRE SEXUALIDADE NA ADOLESCENCIA: a maneira de concebir a sexualidade mudou moito nos últimos anos e as familias demandan información para poder afrontar a sexualidade acorde os tempos das súas crianzas para isto levarase a cabo esta actividade onde as familias poderán obter as ferramentas necesarias que lles axude a acompañar as crianzas neste tema e saiban como ofrecer apoio, pautas de como actuar, e favorecer o vínculo seguro para que exista unha comunicación en confianza e favorecer o mellor desnvolvemento das crianzas.
OBRADOIRO SOBRE REDES SOCIAIS NA ADOLESCENCIA: coa chegada das novas tencnoxías chegaron tamén novas maneiras de comunicarse e de actuar por iso as familias precisamos formación sobre o uso axeitado e crítico das redes sociais, aplicación, internet e todas as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming, etc.), por iso, estas actividades tratarán á temática “redes sociais e xénero: realidades e actuacións”. Pretendemos que esta formación favoreza a sensibilización contra a cosificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas así como a identificar os ciberdelitos e saber como actuar contra eles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Déixanos aquí o teu comentario ou dúbida. Grazas!