A Xunta Directiva da ANPA do IES de Rodeira convoca a todas as familias asociadas a unha Asemblea Xeral Ordinaria o vindeiro xoves 6 de novembro ás 19:00h en 1ª convocatoria (só dará comezo a esta hora se veñen o 100% das asociadas) e ás 19:30h en 2ª convocatoria (comezará coas asociadas que estén presentes).
Orde do día:
- Lectura e aprobación da acta anterior
- Axuda igualdade ano 2025. Solicitudes vindeiras axudas.
- Actividades para o curso 25/26
- Plan uso do galego.
- Estado de contas e previsión de gastos curso 2025/2026
- Rogos e preguntas
Lugar de celebración: Sala de usos múltiples do IES Rodeira
Esperamos contar coa vosa asistencia e participación.
A Xunta Directiva 
 

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Déixanos aquí o teu comentario ou dúbida. Grazas!