Novidades en canto ás axudas para a compra de libros de texto. Curso 2015/2016

Este ano hai novidades. Dúas novas ordes regulan as axudas:



Novidades comúns para todo o alumnado da ESO:

  • As persoas que o ano pasado se beneficiaron do vale para mercar libros, teñen que devolver no centro os libros que mercaron con ese vale.
    • Se o teu fillo/a aproba todas en xuño: Devolvelos como moi tarde o 19 de xuño.
    • Se lle queda algunha para setembro: Devolvelos tamén como moi tarde o 19 de xuño e o 24 de xuño, coas notas, volver coller os libros das pendentes, que teredes que devolver en setembro de novo.
    • Se non devolves os libros, non podes solicitar ningún tipo de axuda para o curso que vén.
  • Pedir calquera axuda para a compra de libros supón adquirir dous compromisos: manter os libros en perfecto estado e devolvelos ao centro unha vez rematado o curso.

Novidades para o alumnado de 2º e 4º da ESO:

  • Os IES non poden cambiar os libros de texto nestes cursos.
  • Non haberá vales como en anos anteriores. Crearase no centro un Fondo Solidario de libros.
  • Os libros que os alumnos/as devolvan destes cursos en xuño e setembro serán os que se empresten aos alumnos e alumnas que teñan dereito á axuda.
  • Todo o alumnado con posibilidade de matrícula en 2º ou en 4º da ESO terá que presentar a solicitude para a axuda antes do 30 de xuño.
    • Se lles quedan asignaturas para setembro, tamén teñen que presentar a solicitude en xuño. Se ao final non se matricula en 2º ou en 4º da ESO para o curso que vén, poderá solicitar outras axudas se lle corresponden.
  • Os libros recibidos dependerán da renda per cápita familiar.
  • O 7 de xullo publicarase no taboeiro a listaxe provisional de admitidos e excluidos.
  • Entre o 8 e o 9 de xullo poderase reclamar.
  • A listaxe definitiva será publicada o 15 de setembro.
  • Os libros entregaranse a partires do 15 de setembro no centro.

Novidades para o alumnado de 1º e 3º da ESO:

  • A orde que regula as axudas para este ano vén sendo unha copia da do ano pasado para estes cursos, nos que entra a LOMCE.

Recollida de firmas:

  • Anpas Galegas creou unha petición en change.org para voltar ao Sistema de Préstamo Universal. Fai click aquí se queres acceder e deixar a tua firma.
Saúdos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Déixanos aquí o teu comentario ou dúbida. Grazas!