Plataforma Dixital Planeta


A Gameliña
Federación de ANPAS de Centros Públicos de Cangas




Plataforma Dixital
Editorial Planeta


O próximo venres, día 19, ás 18:00 horas, no IES de Rodeira, os responsables da Editorial Planeta explicarannos o funcionamentos e os custos da súa plataforma dixital fronte ao uso dos libros de texto. Esta plataforma supón basicamente que os contidos, en vez de en libros de texto, están en Internet e cun custo moi inferior. Tanto en primaria coma en secundaria.

A devandita plataforma xa se está a probar e utilizar nalgúns centros e poderemos contar coa experiencia do seu uso.

Cremos que esta presentación-charla-coloquio é do máximo interese para as familias e para todo o profesorado pois, a implementación destes sistemas cambiará profundamente o método de traballo e aprendizaxe do alumnado e das persoas dedicadas á educación. Pode supoñer ademais, unha redución moi significativa dos custos para todas as familias.

Por todo iso, pregamos a máxima asistencia para, entre todos, formular os proles e as contras desta plataforma ou se é o caso, de calquera outra que nun futuro próximo se nos formule. Ademais se facemos fronte común, toda a comunidade educativa, estaremos en posición de forza para unha mellor negociación coa Editorial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Déixanos aquí o teu comentario ou dúbida. Grazas!