Comedores




Onte, 17 de febreiro de 2012, informouse dende a Consellería de Educación de la Xunta de Galicia de que se establecerá un convenio de colaboración co concello de Cangas para a contratación e a xestión dos comedores escolares que, ata agora contrataban e xestionaban as ANPAs.

É un momento de alegría para todas as persoas implicadas nesta loita xusta que, enfrontándose a todo tipo de dificultades e trabas, demostraron que con tesón e con unión se pode, claro que se pode!

Agora é o momento de pedir a todas as familias que reflexionen e que se animen a participar, sacudíndose a apatía. Se un pequeno grupo conseguimos isto, que poderiamos conseguir todos xuntos?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Déixanos aquí o teu comentario ou dúbida. Grazas!