Unha de tres


Leo hoxe unha noticia no Faro de Vigo sobre o inicio das escolas de pais no noso municipio. Alégrame e paréceme importante que se de publicidade a este tipo de actividades que, por desgracia, contan con moi baixa participación. O que me fai graza, me mexo da risa, é que no último parágrafo se di literalmente "xorden as escolas impulsadas dende a concellería que dirixe o edil Óliver Álvarez".

Non se cantos anos levan funcionando as escolas de pais en Cangas pero, a primeira vez que asistín o actual edil Óliver Álvarez andaría en pantalón curto por aí.

Unha de tres: o xornalista non está ben informado, o edil ponse medallas que non lle corresponden ou o xornalista e o edil son bos amigos.

Isto recórdame cando a actual concelleira de educación se proclamou fundadora da federación de ANPAS. Non quedaría mal se non o fixese dirixíndose xusto ás persoas que  fundaron esta federación e que saben que ela non estaba alí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Déixanos aquí o teu comentario ou dúbida. Grazas!