O mundo ao revés

Leo no Faro de Vigo de hoxe, 6 de marzo, a seguinte noticia e quedo pensando.

Non me parece mal, defendo a aplicación das novas tecnoloxías ao mundo da educación. O que me fai remeser as tripas é que con tantas carencias na educación, con tantos recortes e supresión de dereitos e recursos en nome da escaseza económica, estes Señores invisten os cartos en cuestións pouco importantes que non son necesarias. No IES Rodeira, se o teu fillo falta ou chega tarde se te avisa inmediatamente e podo falar co seu titor e os seus profesores cando o necesito ou o considero oportuno.

Eu creo que o mellor control dos meus fillos é darlles a mellor educación posible e non o uso das tecnoloxías.

Eu pídolle ao Señor Vázquez que empece a tomarse a educación en serio ou que se dedique a outra cousa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Déixanos aquí o teu comentario ou dúbida. Grazas!