Mural igualdade no deporte

 Ola familias, como sabedes á ANPA concedéronnos unha axuda para poder realizar actividades en materia de igualdade e unha das que decidimos facer foi un mural no pavillón do instituto que reflexara a pluralidade de deportes que se poden practicar sen facer diferenciacións entre mulleres e homes.

Para a realización deste mural contamos con Marc Taeger e a colaboración de todo o alumnado da ESO e Bacharelato, as e os docentes do centro e as familias que se quixeron achegar a botar unha man e colaborar neste proxecto.

Todo o alumnado participou dun xeito moi activo tanto realizando os primeiros bosquexos en aula en base o traballo que fixeron sobre diferentes mulleres referentes no mundo do deporte coma no elaboración do debuxo final na parede e no seu pintado.

Aquí vos deixamos algunhas das fotografías deste gran traballo que fixemos de xeito colaborativo.












Obradoiro redes sociais na adolescencia

Ola familias, o vindeiro 22 de novembro agardámosvos na Antiga Agraria para este obradoiro sobre redes socias.

OBRADOIRO SOBRE REDES SOCIAIS NA ADOLESCENCIA: coa chegada das novas tencnoxías chegaron tamén novas maneiras de comunicarse e de actuar por iso as familias precisamos formación sobre o uso axeitado e crítico das redes sociais, aplicación, internet e todas as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming, etc.), por iso, estas actividades tratarán á temática “redes sociais e xénero: realidades e actuacións”. Pretendemos que esta formación favoreza a sensibilización contra a cosificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas así como a identificar os ciberdelitos e saber como actuar contra eles.




Obradoiro sobre sexualidade na adolescencia

Ola familias, o día 10 Pepe Cabido impartirá un obradoiro onde abordaremos a novas maneiras de entender a sexualidade e así poder avanzar a unhas relacións sexo-afectivas máis igualitarias.

E o día 11 Pepe Cabido estará co alumnado de 3º da ESO tentando amosar un camiño cara unha sexualidade respetuosa e igualitaria xunto con Sonia Fernández.











Asamblea Extraordinaria novembro 2025

 A Xunta Directiva da ANPA do IES de Rodeira convoca a todas as familias asociadas a unha Asemblea Xeral Extraordinaria o vindeiro xoves 6 de novembro ás 20:00h (só dará comezo a esta hora se veñen o 100% das asociadas) en 1ª convocatoria e ás 20:30h en 2ª convocatoria(comezará coas asociadas que estén presentes)



Orde do día:

  1. Xunta directiva. (Novos membros, renovación, representación)




Lugar de celebración: Sala de usos múltiples do IES Rodeira









Esperamos contar coa vosa asistencia e participación.
 





A Xunta Directiva 

Asemblea Xeral Ordinaria curso 25/26

 A Xunta Directiva da ANPA do IES de Rodeira convoca a todas as familias asociadas a unha Asemblea Xeral Ordinaria o vindeiro xoves 6 de novembro ás 19:00h en 1ª convocatoria (só dará comezo a esta hora se veñen o 100% das asociadas) e ás 19:30h en 2ª convocatoria (comezará coas asociadas que estén presentes).





Orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior
  2. Axuda igualdade ano 2025. Solicitudes vindeiras axudas.
  3. Actividades para o curso 25/26
  4. Plan uso do galego.
  5. Estado de contas e previsión de gastos curso 2025/2026
  6. Rogos e preguntas 




Lugar de celebración: Sala de usos múltiples do IES Rodeira









Esperamos contar coa vosa asistencia e participación.
 




A Xunta Directiva 

Axuda á ANPAS para potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

 Ola familias, este ano á ANPA IES Rodeira solicitou, tal e como acordamos en Asemblea, unha axuda para poder realizar diversas actividades en materia de Igualdade co alumnado do instituto e as súas familias.


As actividades para as que solicitamos a axuda son as que consensuamos en Asemblea e aquí vos deixamos unha breve descrición de cada unha delas. Estade atentas as nosas redes para ver máis detalles de como as levamos a cabo.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES EN MATERIA DE IGUALDADE DA ANPA IES RODEIRA

  • ACTIVIDADES PARA ALUMNADO, DOCENTES E FAMILIAS:

MURAL IGUALDADE NO DEPORTE:  Con este mural queremos deixar plasmado para toda a comunidade educativa e en extensión para os habitantes do noso concello que no deporte tamén debe primar a igualdade.

 

  • ACTIVIDADES PARA ALUMNADO:

ACTIVIDADE SOBRE IGUALDADE E MICROMACHISMOS:  onde falaremos sobre as novas masculinidades para romper cos micromachismos e os comportamentos machistas adquiridos polos estereotipos perpetuados pola nosa sociedade aprendendo a educar a mirada tendo en conta que cada un mira a realidade dende a súa perspectiva, cada ollada é valiosa e nos achega a algo novo.

 

  • ACTIVIDADES PARA NAIS, PAIS E DOCENTES:

OBRADOIRO SOBRE SEXUALIDADE NA ADOLESCENCIA: a maneira de concebir a sexualidade mudou moito nos últimos anos e as familias demandan información para poder afrontar a sexualidade acorde os tempos das súas crianzas para isto levarase a cabo esta actividade onde as familias poderán obter as ferramentas necesarias que lles axude a acompañar as crianzas neste tema e saiban como ofrecer apoio, pautas de como actuar, e favorecer o vínculo seguro para que exista unha comunicación en confianza e favorecer o mellor desnvolvemento das crianzas.

OBRADOIRO SOBRE REDES SOCIAIS NA ADOLESCENCIA: coa chegada das novas tencnoxías chegaron tamén novas maneiras de comunicarse e de actuar por iso as familias precisamos formación sobre o uso axeitado e crítico das redes sociais, aplicación, internet e todas as novas tecnoloxías, especialmente na protección da privacidade e sobre os ciberdelitos (stalking, sexting, grooming, etc.), por iso, estas actividades tratarán á temática “redes sociais e xénero: realidades e actuacións”. Pretendemos que esta formación favoreza a sensibilización contra a cosificación do corpo das mulleres e contra a hipersexualización das nenas así como a identificar os ciberdelitos e saber como actuar contra eles.









 

CONVOCATORIA ASAMBLEA EXTRAORDINARIA ANPA IES RODEIRA

A Xunta Directiva da ANPA do IES de Rodeira convoca a todas as familias asociadas a unha Asemblea Xeral Extraordinaria o vindeiro mércores 12 de marzo ás 19:45h en 1ª convocatoria e ás 20:15h en 2ª convocatoria .


Orde do día:

Acordar se procede a solicitude da subvención en materia de igualdade e outras que se poidan convocar.

Lugar de celebración: IES Rodeira









Esperamos contar coa vosa asistencia e participación.
 





A Xunta Directiva 




Bo nadal

Dende a ANPA IES Rodeira desexámosvos un bo nadal e un 2025 inmellorable para o Ensino Publico galego que traia un ensino laico, galego, integrador, igualitario, participativo e feminista.

Xornada informativa sobre a aplicación da LOMCE




Data: Luns, 2 de maio
Hora: 19:00

Lugar: Salón de plenos do Concello de Cangas
Organiza: Federación de Anpas "A Gameliña"

Vas faltar?

A falta de información non permite a decisión

A entrada da Lomce é algo hoxe en día certo, está xa instaurada en toda primaria, en 1º e 3º de secundaria e en 1º de Bacharelato, pero aínda non está de todo desenvolvida a nivel lexislativo.
Este ano os mozos/as que rematen Bacharelato terán que presentarse á Selectividade (PAAU), á súa fase xeral e á específica, se queren acadar máis nota para entrar na carreira elixida. Eles/as son os últimos que puideron tomar decisións baseándose nunha información.

Os mozos/as que este ano cursan 1º de Bacharelato están matriculados sen saber como se vai valorar o seu acceso a Universidade. A  reválida a que terán que presentarse cando rematen o próximo curso non terá efectos académicos para acadar o seu título de Bacharelato, será "de proba", pero a día de hoxe descoñecen que terán en conta as Universidades para escoller ao seu alumnado. Teñen que facer a preinscripción nuns días e elixir as súas materias sen saber se ponderarán máis unhas ou outras e, de ser así, cales serán as que lles fagan acadar unha maior nota para entrar. Non se sabe nada.

Os alumnos/as que están agora en 4º da ESO tamén teñen que decidir sen ter información, non se sabe e se supón que a súa reválida si será vinculante, así o di a lei, se non pasan a reválida, non terán título de Bacharelato.

O certo é que non sabemos se seguirá a LOMCE, se será derogada e volverá a LOE...


No caso de non ser derogada solo se sabe que a nota final de Bacharelato será o resultado de aplicar unha fórmula:

(0.6 x Nota media de Bacharelato) + (0.4 x Nota na reválida)




Pero, será esta a nota de corte? Pois non ten por que ser así, cada universidade decide se solo ten en conta esta nota, se fai un exame específico para entrar, se suma a esa nota as calificacións das materias que máis se vinculan a eses estudos, cada unha coa súa ponderación, se teñen en conta a modalidade de bacharelato escollida... isto cada Universidade. Deste xeito podemos vernos no caso (pouco probable pero posible) de que cada universidade de enfermería poña diferentes criterios... para prexuízo dos alumnos/as.

Esto xa o sabiamos dende o documento preliminar da LOMCE, pero a día de hoxe, que os estudantes xa están neses cursos que son a vía de acceso á universidade, aínda non se desenvolveron eses criterios, polo cal as decisións que tomen non poden ser informadas. 

Estamos xogando a un xogo sen coñecer as regras, o que fai que sexa inmensamente inxusto. Nas universidades agardan para establecer os seus criterios á Consellería, a Consellería agarda a que o Ministerio de Educación lexisle o desenvolvemento desa parte da LOMCE e o Goberno está paralizado. Mentres, os alumnos/as teñen que decidir, cunha venda nos ollos e agardando a que a cousa non cambie moito, que as regras por lóxica, se manteñan, que o novo sistema busque a forma de semellarse ao antigo... entonces, pregúntome, para que cambiou?