Abreu un novo prazo para solicitar axuda para material escolar

Novo prazo de presentación: 11/11/2015-21/11/2015
Quen pode solicitala: Os que non recibiron antes a axuda, ben por non solicitala ou ben porque a súa solicitude foi denegada por algún defecto de forma.
Onde hai que presentar a solicitude: Pódese presentar no Centro

Para máis información e a descarga da solicitude, premede aquí

Saúdos!!

Recordatorio Escola de Familias

Hoxe, ás 19:00 da tarde, na sala de usos múltiples do IES de Rodeira terá lugar a segunda sesión da Escola para pais e nais.

Animadevos!

Charla coloquio sobre a libre elección de hospital


Un resumo sobre a Xornada de hoxe sobre a LOMCE

Esta entrada pode que vaia ser unha das máis largas deste blog. Intentarei resumir ao máximo toda a información que é do noso interese, pero é tanta, que seguro que quedarán moitas cousas no tinteiro.
Espero que a Xornada de hoxe servira, polo menos, para iniciar algún tipo de movemento que permita facer chegar a nosa voz nun momento tan crítico coma no que estamos.

Foron 5 as persoas que se sentaron hoxe no Salón de Plenos do Concello (representates da CIGA, UXT, CCOO, FOANPAS e da Federación de ANPAS "A Gameliña"). Este é o resumo do panorama que nos presentaron:
A LOMCE si é certo que trouxo algo bo: Sindicatos, ANPAS, Consellos Escolares, Profesionais, alumnos, pais, nais... uneunos a todos/as na súa contra, o que parecía algo imposible. É o que ten a obriga de afrontar un problema desta embergadura.

A LOMCE é segregadora.
  • Clasifica aos alumnos: 
    • Os que non teñen problemas e se adaptan ben ao sistema educativo tal e como a lei o deseña, aínda que con máis obstáculos, poden chegar a alcanzar os obxectivos e ir pasando de curso... o que non garante que acaden o título de ESO ou de Bacharelato. Para titular, ademáis, teñen que aprobar a proba externa (a reválida). Se non a aproban, non terán o título e polo tanto, pasar de nivel.
    • En 4º da ESO terán que decidir: Estudos aplicados ou Estudos académicos? Esta decisión é vinculante. Os que elixan o Aplicado si ou si a súa saída é un ciclo. Os que elixan a opción de Académico, teñen que facer o Bacharelato. Unha vez decidan (con 14-15 anos) xa non teñen opción de cambiar a súa idea.
    • Os que teñen algunha dificultade que non sexa imputable a falta de esforzo, en 2º da ESO (e nalgúns casos en 1º), son apartados do grupo ordinario para cursar un Programa de Mellora da Aprendizaxe e Rendemento (PMAR). A diferenza cos actuais PDC é que estes sí achegaban as persoas con dificultades para a aprendizaxe a oportunidade para titular na ESO. Os novos PMAR non, en 4º estes rapaces/as con dificultades volven ao curso ordinario. Como dixeron na charla de hoxe, "isto o papel o soporta, pero a realidade non". Teñen que presentarse igual á reválida, sen ter en conta máis adaptacións que as de tempo e físicas, pero non teñen en conta adaptacións ás súas diferenzas individuais. 
    • Os que non teñen un bo comportamento na clase ou non amosan esforzo (isto normalmente ten unha historia detrás), son derivados a Formación Profesional Básica (FPB).
    • Xa temos a todos clasificados: os que queren e poden por un lado, os que queren pero non poden por outro e os que non se sabe se non queren ou non poden polo outro. A inclusión e a integración, onde queda? Onde queda a aprendizaxe social e as axudas entre iguais? E se se equivocan? E se solo é un periodo malo que o rapaz está pasando?... Clasificación e elitismo puro e duro, porque as diferenzas en moitos casos teñen que ver coas oportunidades que cada un ten para a aprendizaxe... Se o propio sistema lles quita as oportunidades o sistema é segregador.
  • A LOMCE non solo permite, senon que paga concertos a colexios que deciden segregar por sexos. Este é un gran retroceso na loita pola igualdade de xénero.



A LOMCE é unha carreira de obstáculos
  • Reválida 1: 3º Educación Primaria (7-8 anos). Os rapaces/as teñen que someterse durante dous días a uns exames que serán criterio a ter en conta para tomar medidas extraordinarias (repetir curso ou facer unha adaptación curricular). Comezan as etiquetas.
  • Reválida 2: 6º Educación Primaria (11-12 anos). De novo ten carácter diagnóstico.
  • Reválida 3: 4º ESO (15-16 anos). Se non aproban estes exames, non titulan na ESO, aínda que teñan os 4 cursos aprobados. Danlles un certificado co que poden presentarse as probas de acceso a ciclos, pero perden o dereito de continuar directamente cos seus estudos.
  • Reválida 4: 2º BACH (17-18 anos). Se os alumnos/as non aproban os exames, non titulan en Bacharelato, co cal non poden continuar estudos universitarios. E logo din que quitan a Selectividade!. O certo é que suprimen os criterios obxectivos neste paso crucial, aínda que a meirande parte das universidades públicas seguirán baseándose nos expedientes académicos.


Logo... cales son os seus obxectivos?.
  • Diminuir o fracaso escolar: Pero isto (no caso de acadalo) será non contando a todos os alumnos/as que quedan fóra do sistema (FPB e PMAR non computan nas súas estatísticas). Os datos das enquisas serán un engano.
  • Aumentar o número de titulados medios: Pero non fomentando e investindo en FP, senon creando uns estudos de baixa cualificación profesional (FPB). Un deles, de nova incorporación no BOE leva por título "Actividades domésticas".
  • Baixar o número de titulados superiores. 
  • Elaborar, cos resultados da reválida, un "ranking" de centros. Os que ocupen as primeiras posicións serán os que teñan máis recursos económicos. Segregación social.


E... que podemos facer?.
  • Sobre todo... manternos informados/as.
  • Asembleas de socios/as da ANPA, con levantamento de actas e presentación mediante rexistro na Consellería de Educación.
  • Tratar o tema no Consello escolar (que xa non é un órgano decisivo, agora solo é consultivo... pero este é outro dos grandes temas) e presentar o rexeitamento mediante copia de acta de igual xeito.
  • Manter contacto con outras ANPAS e Federacións de ANPAS para trazar estratexias comúns.
  • Non é un blog con connotacións políticas, e oxalá puideramos mantelo fóra destas liñas, pero o certo é que a educación está politizada. A LOMCE é unha lei do PP e foi aprobada cos seus votos e cos de UPyD no Parlamento español. Todos os demáis partidos políticos comprometéronse a derogala. O 20D temos e tendes unha cita coa Democracia. Co voto é como podemos manter ou cambiar esta situación.

    Saúdos!! ( e moitas grazas por chegar hasta aquí)

    Xa tivemos a primeira sesión da Escola de Pais e Nais



    Onte tivemos a primeira reunión con Alberto.

    O enfoque desta escola é de base participativa, construtiva e positiva, para nada directiva. Non nos van dicir o que debemos facer como pais ou como nais, é un espazo para levarnos ás nosas propias reflexións, nun clima de respecto e de escoita.

    Un exemplo: Onte Alberto presentounos unha Constitución, a Constitución de Uzûpis, un barrio que se autodeclarou república independente en Lituania. Así foi como reflexionamos acerca da "Constitución" que temos nas nosas "repúblicas independentes" (nas nosas casas) e no xeito en que elaboramos e poñemos en coñecemento esa Constitución, esas normas. E da importancia de comezar a construir unha nova constitución coa entrada dos nosos fillos/as na adolescencia. Esta é a nosa tarefa da semana, elaborar a lexislación das nosas repúblicas independentes! (nada máis... e nada menos).

    O que se intenta lograr con esta escola é crear debates que nos fagan a todos e todas medrar como pais e como nais, entendendo este proceso como algo dinámico, en constante cambio, sen receitas miragreiras.

    Foron máis as cousas que tratamos e falamos, animámosvos a participar. Onte foi o meu primeiro día e voltarei sen dúbida algunha. É un pracer e un luxo poder contar con alguen que, ademáis de traballar con nós (os pais e nais) traballa tamén cos nosos fillos/as. Sen dúbida dispor destas dúas visións fai a sesión moito máis enriquecedora.

    Datos da vindeira sesión:

    Data: Martes, 17 de novembro.
    Hora: 19:00h.
    Lugar: Sala de usos múltiples do IES de Rodeira

    Anímaste?

    Saúdos!

    Xornada informativa sobre a LOMCE



    A Federación de Anpas "A Gameliña" (da que formamos parte de novo), organiza para este venres, 6 de novembro, ás 18:30h., no Salón de Plenos do Concello de Cangas, unha xornada informativa sobre a LOMCE e a súa aplicación.

    Agardámosvos!

    Saúdos!

    1º Encontro do Club de Lectura Vaidelibros

    Tierras de cristal

    Quinnipak. Una imaginaria ciudad vagamente situada en la Europa decimonónica, que pudiera ser símbolo de los ideales y los límites de la burguesía, entre el progreso colectivo y las pasiones personales. En ella convive una galería de extraordinarios personajes con el infinito como único horizonte, empeñados en construir castillos en el aire que irán desmoronándose hasta dejar un poso de tristeza o de rabia....





    Información sobre o 1º encontro:

    Data: 02 de Novembro de 2015
    Lugar: Biblioteca do IES Rodeira
    Horario: 15:00 h.

    Onte votou andar a Escola de Pais e Nais


    Onte, como xa vos informaramos, votou andar a Escola de familias para este curso escolar.

    Informacion da actividade:

    Data de comezo: Martes, 3 de novembro de 2015
    Horario: De 19:00 a 21:00 h.
    Temporalidade: Actividade quincenal (martes alternos co mesmo horario)
    Lugar: IES Rodeira

    Dicir que non é necesario acudir sempre, cando poidades.

    Non quería despedirme sen agradecervos a asistencia de onte, 40 pais e nais acudiron a esta sesión na que Alberto, o Técnico de Prevención do Concello de Cangas, fixo a presentación da escola e decideuse o día e o horarios para continuar co Obradoiro.

    Dende a Anpa animávosvos a participar.

    Saúdos!

    "Hay vida en martes. La nueva educación"


    Onte tiven o pracer de ver en directo vía online unha charla protagonizada por César Bona (profesor español seleccionado para o Nóbel en ensinanza) e Francesco Tonuci (mestre, pedagogo e, coma el mesmo se define "niñólogo").

    Foi interesantísimo e pensei que estaría ben compartila convosco. Deixo o link para que poidades acceder ao video. Non sei durante canto tempo estará activo, anímovos a que aforrredes un pouquiño de tempo.


    Bo día e saúdos!

    Club de Lectura "Vaidelibros"


    Este club do IES Rodeira está aberto a alumnos, alumnas, profesorado e familias que teñan interese por participar.

    Son dúas as reunións do Club "Vaidelibros" que se organizan para cada trimestre e en cada unha delas recóllense as impresións dos participantes despois da lectura individualizada dun libro suxerido polos coordinadores/as do Club. Pódese participar nunha das sesións ou en todas, non existe compromiso ningún, como citan na folla que dende o IES enviaron polos nosos fillos/as:

    "O verbo ler non soporta o imperativo, igual ca amar ou soñar."

    (Daniel Pennac)

    Se estades interesados, podedes consultar máis información no seguinte link:


    Grazas polo seguemento e saúdos!!